AXUDAS PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL 2ª ETAPA PARA O CURSO 2011/2012.CONCELLO DE PONTEVEDRA

Axudas para adquisición de material escolar para os/as alumnos/as matriculados no ciclo educativo de ensino infantil (2ª etapa ) dos centros de ensino público do concello de Pontevedra, PARA O CURSO 2011/2012.

 

A axuda a conceder para o curso escolar 2011/2012 será de 145,00 € por alumna/o

As axudas a abonar estarán en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minorización da contía inicialmente concedida de xeito proporcional a cantidade xustificada.

 

Requisitos.

Establécense como requisitos necesarios para solicitar as axudas, os seguintes:

  1. A/o solicitante deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Pontevedra.

  2. Convivir, nesa unidade familiar, as/os alumnas/as para os que se solicita as axudas

  3. Estar matriculado ou ter reserva de matrícula para a segunda etapa de educación infantil ou primaria para o curso escolar de 2011/2012, en centros de ensino público do termo municipal de Pontevedra.

  4. Ter presentada a solicitude e documentación no prazo estabelecido.

  5. Que os ingresos económicos da unidade familiar de rendas obtidas no ano 2010 non supere os seguintes límites máximos establecidos no seguinte cadro:

DOCUMENTACIÓN.

 

  1. Fotocopia do D.N.I. da/o solicitante ou pasaporte.

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.

  3. Certificado ou informe de convivencia familiar, expedido polo Concello.

  4. Xustificación da situación económica e laboral de todo o ano 2010, de tódolos membros da unidade familiar, mediante fotocopia da declaración da renda do exercicio 2010. No suposto de non estar obrigados a realizala, deberá presentarse o certificado negativo expedido pola Administración Tributaria de Facenda, acompañada de documentos xustificativos dos ingresos obtidos nese período, tales como:

-Certificacións de empresa ou fotocopias das nóminas.

-Certificacións do INEM sobre prestacións desemprego.

-Certificacións sobre pensións.

-Calquera outro documento xustificativo de ingresos

  1. No caso de que na unidade familiar existan persoas en idade laboral (maiores de 16 anos) que non traballen, deberán presentar informes da vida laboral, expedido pola Tesourería da Seguridade Social.

  2. Certificación de matrícula do colexio e/ou reserva de praza en calquera dos centros de ensino público do Concello de Pontevedra, curso 2011/2012

  3. Xustificación, no seu caso, do aluguer da vivenda ou amortización do préstamo bancario para adquisición da mesma (ano 2010).

  4. Fotocopia da certificación do grado de discapacidade e/ou de dependencia, no caso de que algún membro da familia estea afectado por ela.

  5. Documento da entidade bancaria no que conste o código de conta do cliente para percibir a axuda, no suposto de ter resolución favorable. O titular de dita conta terá que coincidir co solicitante da axuda.

  6. Declaración das axudas a percibir o para o mesmo fin de calquera organismo público ou privado, e de que non se teñen pendentes de xustificar outras subvencións concedidas polo Concello. (Anexo III).

  7. Declaración de estar ao corrente coas obrigas fiscais (Anexo IV)

  8. No caso de xa ter efectuado o gasto poderase presentar neste momento factura xustificativa do mesmo.

 

(NOTA: Dos documentos que se pide fotocopia haberá que acompañar orixinal dos mesmos

O certificado de estar ó corrente coa Facenda municipal por parte do beneficiario se incorporará ao expediente de oficio.)

No suposto de resultar beneficiarios/as das axudas para material escolar, no momento da xustificación, aportarase:

  1. Factura xustificativa, que teña o selo de pagado ou co recibo bancario de ter efectuado o pago, no suposto de non haberse presentado coa solicitude.

  2. Declaración xurada das axudas ou subvencións que puidera percibir ou non, para o mesmo fin da calquera organismo público ou privado.

 

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes tramitaranse nas dependencias dos servizos sociais municipais, sitos na Casa do Concello, plaza de España s/n , en horario de mañá.

O prazo de presentación da solicitudes e documentación será de 30 días naturais contado a partir da publicación das Bases no BOP, dende o 31 de agosto ao 29 de setembro de 2011 ambos incluídos.

Bases subvención

Nota informativa Concello Pontevedra