CEAPA adhírese ao manifesto por unha lei integral do amianto

Necesitamos un instrumento legal para eliminar o amianto do noso entorno. O uso de amianto na construción é ilegal desde 2002 e máis do 65% do que hai instalado ten superada a súa vida útil de 35 anos segundo a estimación do Instituto Nacional da Saúde, Seguridade e Benestar no Traballo.

CEAPA en representación de todas as federacións sumouse a esta demanda compartida por moitas organizacións de moitos sectore sociais desde novembro do ano 2020 e pide un plan integral de retirada deste material de construción nos centros educativos para o que leva desde entón pedindo un plan ás autoridades sanitarias e educativas que se afrontará na reunión do vindeiro día 25 de marzo coa Subdirección Xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral.