Sobre persoal auxiliar coidador nos servizos complementarios e actividades extraescolares
O persoal coidador é un recurso profesional que a Administración ten que ofrecer nos ámbitos educativos.
Principio de non discriminación e accesibilidade universal (LOE).
“b) La equidad, que garantice la igualdad de oportunidades para el pleno desarrollo de la personalidad a través de la educación, la inclusión educativa, la igualdad de derechos y oportunidades, también entre mujeres y hombres, que ayuden a superar cualquier discriminación y la accesibilidad universal a la educación, y que actúe como elemento compensador de las desigualdades personales, culturales, económicas y sociales, con especial atención a las que se deriven de cualquier tipo de discapacidad, de acuerdo con lo establecido en la Convención sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad, ratificada en 2008, por España.”
A Lei orgánica 2/2006 de educación establece que todos os alumnos teñen dereito á igualdade de oportunidades no acceso a actividades escolares e complementarias, incluídas as xestionadas por entidades externas como ANPAS.
Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade (RD lexislativo 1/2013).
Esta lei prohíbe expresamente a discriminación por razón de discapacidade en calquera ámbito, incluída a educación non formal e servizos complementarios como a aula matinal.
Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
Ratificada por España, obriga a garantir a inclusión en todos os servizos educativos, incluso aqueles organizados por entidades privadas ou asociacións.
Artigo 79. Recursos profesionais
1. Os centros docentes contarán coas persoas profesionais especializadas que necesiten para atender as necesidades educativas da totalidade do alumnado que escolarizan.
2. A proposta de atención ao alumnado por parte do profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica ou de Audición e Linguaxe realizarase segundo se dispón no artigo 57 desta orde.
3. Entre os recursos profesionais para atender a diversidade considérase o persoal auxiliar coidador, o persoal intérprete de lingua de signos e todas as persoas profesionais específicas que integran os centros de educación especial.
Artigo 80. O persoal auxiliar coidador como recurso
1. O persoal auxiliar coidador enténdese como un recurso profesional de apoio aos centros docentes para atender o alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente, en educación secundaria postobrigatoria que presente algunha das seguintes características:
a) Necesidade de ser acompañado en todos ou en parte dos seus desprazamentos.
b) Necesidade de asistencia na súa hixiene e aseo.
c) Necesidade de asistencia imprescindible na súa alimentación.
d) Necesidade de cambios posturais frecuentes ao longo da xornada escolar para os cales careza da autonomía necesaria.
e) Ausencia de hábitos básicos de autonomía e de vida en sociedade.2. O persoal auxiliar coidador destinado á atención do alumnado indicado no punto anterior terá as seguintes funcións:
a) Atender o alumnado nas entradas e saídas do centro docente; nos hábitos de hixiene, aseo e alimentación; nos recreos, xogos e tempos de lecer; nos cambios de actividade e nas demais necesidades análogas, potenciando nel a súa autonomía e inclusión. Esas atencións tamén se estenden ás noites no caso de alumnado internado en centros de educación especial.
b) Realizar os cambios e o control postural que ese alumnado necesite.
c) Facilitar os traslados polos espazos do centro.
d) Contribuír ao seu coidado durante todo o período lectivo, mesmo dentro da aula cando resulte necesario.
e) Colaborar na atención dese alumnado durante o tempo de recreo, xogo e/ou lecer.
f) De ser o caso, atender o alumnado durante o servizo de comedor, así como no tempo inmediatamente anterior e posterior a ese servizo.
g) Nos casos excepcionais en que resulte necesario, acompañar na ruta escolar o alumnado que requira da presenza do persoal auxiliar coidador.
h) Colaborar nas actividades complementarias en que participe a alumna ou o alumno.
i) Participar, logo da debida convocatoria, nas reunións en que se aborden temas relacionados co alumnado que atende, colaborando nas liñas de coordinación establecidas polos equipos docentes que correspondan e polo departamento de orientación.
j) Calquera outra de análogo contido ou que teña relación coas funcións anteriores.3. A intervención profesional do persoal auxiliar coidador será gradual, de maior a menor atención, en función do nivel de autonomía que o alumnado que atende vaia adquirindo.
4. A ratio máxima de persoal auxiliar coidador e alumnado con necesidades educativas especiais non excederá 1/6, tendo en conta as necesidades de atención do alumnado.