PROGRAMA “+CONVIVENCIA” da Deputación de Pontevedra para actividades de convivencia das anpa
Subvenciónase:
Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, como, por exemplo, os gastos de:
• Entradas ou similares.
• Medios de transporte.
• Axencias de viaxes.
• Guías oficiais de Galicia (https://aei.turismo.gal/es/rexistro-de-empresas-e-actividades-turisticas).
• Seguros necesarios para o desenvolvemento da actividade.
• Restauración ou cátering, que non poderán exceder de seiscentos (600,00) euros.Para:
Entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e anpas que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra e cumpran os seguintes requisitos:
• Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos.
• Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
• Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
Prazo:
1 de marzo ao 1 de decembro de 2025, ata esgotar o crédito dispoñible para esta convocatoria.
Xustificación:
Unha vez realizada a actividade, as entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación, como máximo, ata o 31 de xaneiro de 2026, este incluído.
Source: Detalle – Deputación de Pontevedra
Comentarios0