Vivencias en familia 2025

  • Camping no Grove. 23-25 de maio (2 noites)

Traslado en vehículos particulares. Día 23 entrada ás 15 horas. Saída o 25 de maio ás 13 horas.
Almorzo, comida e cea a cargo dos participantes.
Actividades para os cativos dirixidas por monitores.
Conta con piscina, sala de xogos, cafetería, barbacoa e pista de fútbol sala e baloncesto.

Prezo:

SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:

Bungalow 6 prazas. 170 euros
Bungalow 5 prazas 150 euros

NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:

Bungalow 6 prazas 190 euros
Bungalow 5 prazas 170 euros

  • O prezo é por bungalow completo independentemente do número de persoas que o ocupen.

  • Camping en Sanxenxo. 31 maio-1xuño

Traslado en vehículos particulares. Día 31 entrada ás 12 horas.
Almorzo, comida e cea a cargo dos participantes.
Os participantes teñen que levar toallas de aseo.
Conta con parque infantil, praia a escasos metros, zona de barbacoa.

Prezo:

SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:

Bungalow 6 prazas. 60 euros
Bungalow 4 prazas 50 euros

NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:

Bungalow 6 prazas 90 euros
Bungalow 5 prazas 80 euros

  • O prezo é por bungalow completo independentemente do número de persoas que o ocupen.

  • Camping Maceira-Covelo. 7-8 xuño

Traslado en vehículos particulares.

Entrada 07/06 (a partir das 16:30) e saída o 08/06 (antes das 12:00), Consta de 1 habitación con cama de matrimonio, 1 habitación con dos camas, salón, cocina, baño completo, terraza y parking.
Os bungalows entréganse a partir das 16:30
Almorzo,comida e cea a cargo dos participantes na actividade. Os aloxamentos contan con equipamento de cociña.

Pódese chegar antes e utilizar as instalacións do camping, barbacoas, piscina, ou comer no seu restaurante BocaChea (Tlf. para reserva de mesa: 673015061),

Prezo:

SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: Mobil home 4 prazas. 80 euros
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: Mobil home 4 prazas. 100 euros

  • O prezo é por mobil home completo independentemente do número de persoas que o ocupen.

  • Camping kampaoh-Moaña. 7-8 xuño

Traslado en vehículos particulares.
Entrada 07/06 (a partir das 15:00) e saída o 08/06 (as 11:00), Consta de 1 cama de matrimonio e 1 litera dende 2 ata 4 persoas .
Almorzo,comida e cea a cargo dos participantes na actividade. Os aloxamentos contan con equipamento de cociña.

Prezo:

SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: Bungalow 4-6 prazas 4 prazas. 70 euros
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: Bungalow 4-6 prazas. 90 euros

  • O prezo é por bungalow home completo independentemente do número de persoas que o ocupen.

INSCRICIÓN: (máximo 1 vivencias por familia, indicar orde de preferencia, e se non quedan prazas na primeira opción pasaríamos ás seguintes por orde de preferencia).

Exemplo: Solicito praza para a vivencia de Arenteiro primeira quenda , e se non teño praza solicito para o camping do Grove.

Pero se hai praza para Arenteiro xa non se pode acudir ao camping do Grove.

Mediante correo electónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:

– Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.
– Vivencias e quendas nas que se inscriben
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.

Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico.

Recibirán un correo confirmando se ten a praza solicitada adxudicada. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria na conta:
ES16 2080 5403 4030 4011 9244
e enviarán o xustificante de pago ao correo actividades@nontedurmas.org.

Non se contempla a devolución da contía salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente. Non se anularán as actividades por mor do mal tempo.

DATAS DE INSCRICIÓN SOCIOS DE FANPA: Do 21 de abril ao 25 de abril do 2025. Non se admitirán inscricións fóra deste prazo.

NON SOCIOS DE FANPA: Do 28 de abril ao 30 de baril do 2025.

A orde de entrada dos correos electrónicos a establece o servidor do correo sen intervención humana segundo o sistema informático automatizado de Gmail. (Aínda que a solicitude estea programada para o seu envío automático ás 00:00 horas, a orde de entrada na nosa conta a establece o servidor de correo, de aí que aínda mandando o correo a esa hora se poida quedar sen praza xa que son centos de correo das 00:00 horas).

Comentarios0

Deixa unha resposta