Conciliaverán 2025

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo

NOTA DO 11 DE XUÑO

Servizo de madruga e comedor

En Campolongo (xeral)
Xuño: madruga e comedor
Xullo: madruga e comedor.

En Álvarez limeses (xeral)

Xullo: só comedor
Os que necesiten madruga poderán cambiar a Campolongo

En Manuel Vidal Portela (inglés)
Xullo: madruga e comedor

Os servizos en agosto aínda non están definidos. Avisarase no seu momento 


Nota do 5 de xuño

Reunión informativa para nais e pais sobre o Conciliaverán
(Gravación de son coa responsable de Anias)


NOTA do 23 de maio

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas teñen adxudicada a praza solicitada da súa primeira opción

PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 15, 16, 19 e 20 de maio de 9:00 a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 15 de maio ata ás 14:00 horas do 20 de maio.
    Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unha baremación ces seguintes criterios:

Situación escolar:

  • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
  • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos).

Situación socio-familiar:

  • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
  • Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).

Situación laboral

  • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
  • Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
  • Familia monoparental en situación laboral activa (20 puntos).

    En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
    O 10% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.

FOLLETO COMPLETO EN PDF

DATAS

  • Conciliaverán especial xuño: do 23 ao 27 de xuño de 2025.
  • Conciliaverán especial setembro: do 1 ao 5 de setembro de 2025.
  • Conciliaverán quincenais: xullo e agosto de 2025, divididos en 4 quendas quincenais, excepto Álvarez Limeses e Xunqueira II que son só en xullo.
  • Conciliaverán mensuais: xullo e agosto de 2025, divididos en 2 quendas mensuais, menos Marcón,
    A Carballeira e Xeve que son só en xullo.

HORARIO

  • Servizo Madruga: de 7:30 a 9:00 horas (con ou sen almorzo).
  • Servizo Comedor: de 14:00 a 16:00 horas.
  • Servizo esporádico de Madruga e/ou Comedor: chamando o día anterior á empresa.

    Estes servizos faranse sempre e cando exista en cada quenda e conciliaverán un número mínimo de
    comensais establecidos pela empresa e seguindo a normativa de seguridade establecida pela
    mesma. En caso de non cubrirse, os servizos serán eliminados.

LUGARES

Moi importante: Dous períodos quincenais non significa un mes. A contratación faise sumando períodos quincenais ou mensuais segundo o grupo ao que corresponde cada ludoteca solicitada.

Por quincenas

Campolongo
Manuel Vidal Portela (inglés)
Marcos da Portela (Monte Porreiro)
Vilaverde
Álvarez Limeses
Xunqueira 2 (actividade deportiva)

Mensuais
A Carballeira
Xeve
Marcón
Ponte Sampaio
Cabanas
Parada-Campañó


CRONOGRAMAS

PREZOS (por neno)

  • Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 45€/quenda e conciliaverán mensual: 70 €/mes.
  • Non socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 65€/quenda e conciliaverán mensual: 80€/mes.
  • Privados, concertados e demais casos: conciliaverán especial xuño e setembro e quincenal: 80€/quenda e 85€/mes nos conciliaverán mensuais.

    As familias con 2 ou máis fillos/as matriculados nalgún período do conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a e período.

    Exemplo: Quero solicitar para 2 fillos. Cando estea cubrindo os datos do primeiro indique que vai inscribir (ademais) a outro neno. Desta maneira, o formulario calculará xa o desconto tamén no primeiro: 1 quincena 45€ -para un neno- pero se son 2, entón serán 40€ por cada, 80 € en total.

    Nota: a solicitude das 2 quincenas do mes non é o mesmo que a solicitude de ludoteca mensual. Nas ludotecas quincenais cóbrase por cada quincena, e nas mensuais por mes aínda que se pretenda ir só unha quincena.
    Exemplos:
    Quero solicitar 2 quincenas en Campolongo, canto debo aboar? (contratación quincenal de 45+45 =90€)
    Quero solicitar 1 quincena en Ponte Sampaio, canto debo aboar? (contratación mensual) 70€ porque non é posible contratar menos.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Información sobre os Servizos de Madrugadores e Comedor – Verán

Durante o período de verán, a empresa Arume ofrecerá os servizos de Madrugadores e Comedor nos seguintes centros:  CEIP Álvarez Limeses, CEIP Manuel Vidal Portela e CEP Campolongo, nas datas que figuran nas fichas de inscrición (ou no folleto informativo ou tamén no formulario), coas seguintes modalidades e particularidades:

Servizo de Madrugadores

  • Horario: De 7:30 a 9:00 h
  • Modalidades:
    • Con almorzo
    • Sen almorzo
      Este servizo permite unha entrada graduada dentro do horario indicado.

Servizo de Comedor

O comedor poderá contratarse de dúas formas:

1 Por quincenas completas
2 Por calendario de días

Se optades pola contratación por calendario, será obrigatorio deixar indicados previamente todos os días nos que se vaia precisar o servizo durante o verán.

NON SE OFRECERÁ SERVIZO ESPORÁDICO
Só se admitirán contratacións por urxencia xustificada, que deberán solicitarse como mínimo o día laborable anterior antes das 14:00 h.
  • Horario do comedor: De 14:00 a 16:00 h
  • Horario de recollida: De 15:00 a 16:00 h, de maneira ininterrompida
  • Menús especiais: Ofreceranse menús adaptados a alerxias ou intolerancias, sempre que se indique na inscrición e se achegue o correspondente informe médico ao enderezo de corrreo de Arume.

O período de inscrición será do 15 de maio ao 4 de xuño.

Moi importante:

  • Para poder facer uso de calquera dos servizos (Madrugadores ou Comedor), é imprescindible ter cuberta e enviada a ficha de inscrición a ARUME a info@arumeservicios.es que corresponda e que se ofrece un pouco máis abaixo.
  • A posta en marcha de cada servizo estará condicionada a acadar un mínimo de 20 usuarios/as inscritos/as.
  • No caso de necesitar un menú adaptado por razóns de alerxias ou intolerancias, lembrade que é obrigatorio indicalo na ficha e achegar o informe médico correspondente.

Enviar as fichas de comedor a Arume, non á FANPA
Ficha comedor para Campolongo:

Ficha comedor para Álvarez Limeses:

Ficha comedor Manuel Vidal Portela:


*Para calquera dúbida sobre este servizo de comedor, pode falar directamente coa empresa, no número de teléfono 607634413 ou 986453040, en horario de mañá (9 – 14 horas).


DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR A INSCRICIÓN PRESENCIAL

  • Ficha totalmente cuberta.
  • Fotocopia DNI do pai/nai/titor/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  • Volante de empadroamento actual.
    • Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non pode obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consulta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.
  • Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial con transferencia bancaria; na inscrición telemática existe a opción de acreditar o pago mediante transferencia ou pago con tarxeta de crédito, neste último caso o pago mediante a pasarela bancaria xa acredita o ingreso por si mesmo)

    Número de conta para facer a transferencia

    ABANCA:ES75 2080 5403 4130 4012 0558

    poñendo como concepto“Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”
  • Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA (carné ou recibo de cota).
  • Fotocopia do documento que acredite ser familia monoparental.
  • Documento que acredite onde estuda o neno/a (non necesario para socios/as de ANPA federada).
  • Vida laboral ou fotocopia da cabeceira da última nómina dos titores legais.

    Non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 15, 16, 19 e 20 de maio de 9:00 a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 15 de maio ata ás 14:00 horas do 20 de maio.
    ——-

Calendario

  • 23 de maio: publicación provisional de admitidos nos programas de conciliaverán e provisional dos servizos complementarios de cada conciliaverán no web da FANPA (www.nontedurmas.org).
  • 26 e 27 de maio: reclamacións, de 9:00 a 1 4:00 horas.
  • 29 de maio: publicación definitiva de admitidos/as e de servizos complementarios no web.
  • O día 4 de xuño, ás 18:30 horas haberá unha reunión presencial na sede de FANPA cos responsables das ludotecas para calquera consulta sobre o Conciliaverán

Ficha imprimible


Telemática: Cubrindo o formulario en liña no enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 15 de maio, ata as 14.00 horas do día 20 de maio, sen interrupción.


Inscrición


NORMAS DO SERVIZO