Aventura en familia 2025
Visita fábrica de Sargadelos e ruta do río Xunco sábado 10 de maio
Saída autobús dende o Pazo da Cultura ás 10:00 horas.
Visita ao museo e fábrica de Sargadelos. Ruta guiada polo río Xunco.
Cada participante ten que levar o seu xantar. Será comida en zona de picnic.
Regreso ás 19:30 horas.
Prezo por persoa:
Socios de ANPA federada na FANPA: 10 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 12 EUROS
[Nota importante (26/03/2025) XA NON QUEDAN PRAZAS para esta actividade]
KAYAK libre en familia 10 e 17 de maio ás 11 horas(anotarse só a unha data por familia)
En Ecoparque Atalaia en augas tranquilas nun tramo de aproximadamente 1km no Río Lérez, cun precioso bosque de riveira (o monitor entrega a equipación-chaleco salvavidas). 2 horas de duración. É necesario levar unha muda completa de roupa. Menores: a partir de 5 anos.
Prezo por persoa:
Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS
[Nota importante (26/03/2025) NON QUEDAN PRAZAS para os día 17, 24 e 31 de maio nesta actividade]
Paddlesurf en familia. Sábados 12 e 26 de abril e 10,17,24 e 31 de maio de 11:30 a 13:30 horas. (anotarse por días soltos)
Actividade que se levará a cabo na praia fluvial do Lérez. Os monitores entregan neopreno, tabla e todo o material necesario para levar a cabo a actividade. Menores: a partir de 7 anos.
Prezo por persoa e día:
Socios de ANPA federada na FANPA: 7 euros persoa e día.
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 euros persoa e día.
[Nota importante (26/03/2025) XA NON QUEDAN PRAZAS nesta actividade]
TIROLINAS EN FAMILIA. 11 ou 18 de maio DE 11 A 14 HORAS. (anotarse só a unha data por familia)
Actividade a realizarse no Ecoparque Marín. É un circuíto arbóreo para practicar o equilibrio e a destreza corporal.
Está incluído todo o material para a práctica desta actividade. Menores: a partir de 6 anos.
Prezo por persoa:
Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS
[Nota importante (26/03/2025) XA NON QUEDAN PRAZAS para esta actividade]
Paintball. 1 de maio de 11 A 12:30 HORAS.
Actividade a realizarse en Ecoparque Atalaia.
Está incluído todo o material para a práctica desta actividade. Menores: a partir de 8 anos.
Prezo por persoa:
Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS
[Nota importante (25/03/2025) XA NON QUEDAN PRAZAS para esta actividade]
Aventuradakart. Sanxenxo. 27 de abril de 10:30 A 14:00 HORAS.
Ata 3 anos non pagan entrada e poden xogar no parque infantil. Dende os 4 anos poden realizar as actividades. facendo aquelas que máis lles gustan, na canoa teñen que ir acompañados dun adulto.
A actividade inclúe:
Recepción por parte dun monitor que coordinará as actividades do grupo.
Actividades incluidas en la entrada: Canoas, aquabikes, tobogán seco, tirolina, circuitos arbóreos, tiro con arco (ventosa) e minigolf (O tobogán acuático, los Minijeeps y Aquakarts non están incluidos na entrada).
Prezo por persoa:
Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS
INSCRICIÓN:
Datas de inscrición:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: do 25/3/2025 ata o 7/4/2025.
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: do 8/4/2025 ata o 11/4/2025
Mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:
– Nome e apelidos e IDADE de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.
– Aventuras e datas nas que se inscriben. No caso das do kayak e tirolinas debe figurar a data na que se inscribe.
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico. Recibirán un correo confirmando se ten as prazas solicitadas adxudicadas. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria na conta: ES16 2080 5403 4030 4011 9244 e enviarán o xustificante de pago ao correo actividades@nontedurmas.org.
Non se contempla a devolución da contía salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.
Comentarios0