Guía A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes

Esta guía persegue axudar a que as nais e pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz aos seus fillos e fillas.

Trátase dun traballo que inicialmente ía consistir en obradoiros de traballo presencial coas familias, impartidos nos concellos de Bueu, Cambados e Vigo, mais a pandemia obrigou a que se reformulase. Así, finalmente concibiuse como unha serie de artigos realizados por persoas ensinantes, orientadoras e bibliotecarias, agrupados nunha guía impresa.

A deputada de Lingua, María Ortega, define esta publicación como esencial, moi pensada e reflexionada porque “as intervencións educativas que se fan na infancia son fundamentais para o desenvolvemento das persoas”. Tamén pon en valor que se trata dunha ferramenta en galego, “xa que a lingua debe ser un valor que se transmita na escola e nas familias”.

Son 25 páxinas, que podedes descargar en PDF na seguinte ligazón: