Xuíz de Paz en centros educativos.

O Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia e a Consellería de Educación están actualmente traballando na idea de implantar a figura do Xuíz de Paz Escolar nos centros educativos de dita Comunidade.

Con este proxecto culminaría a labor de crear unha educación legal iniciada por Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Superior de Xustiza e a Consellería de Educación nos institutos da Rexión co programa Educando en Xustiza.

A finalidade do proxectos é que os propios nenos resolvan por si mesmos os conflitos nos centros escolares, asumindo valores democráticos, de equidade e solidariedade, con novedosos parámetros de xustiza restaurativa. Desta forma sería un adolescente, con capacidade de liderato, o que asumiría a función de mediador ou compoñedor de conflitos nos centros educativos. Para elo sería necesaria unha adecuada formación para que fóra capaz de utilizar medios de resolución de conflitos de forma non violenta.

Fonte: www.juridicas.com