Un decálogo para que os nenos usen de modo seguro Internet

DECÁLOGO PARA PAIS, NAIS e PROFESORADO

   1. Fala cos menores sobre o que buscan e o que atopan cando navegan por Internet e móstrate interesado polas amizades que fan en liña, especialmente nos chat.

   2. Lembrade aos nenos que nunca deben proporcionar información persoal como a idade, o enderezo da casa ou o número de teléfono a través de Internet.

   3. Tende coidado cos correos electrónicos e os seus arquivos adxuntos cando non se coñece ao remitente. Subliñade que non se deben abrir os correos sospeitosos.

   4. Animade aos nenos a que informen ás persoas adultas de todo o que os faga sentir incómodos, os desagrade ou directamente os ofenda.

   5. Fomentade o espírito crítico ante a rede. Os menores deben saber discriminar os contidos nocivos e falsos. Non se pode crer todo o que se atopa, se vexa ou se lea en Internet.

   6. Os pais deben manter un contacto permanente cos profesores sobre o uso que os seus fillos fan de Internet.

   7. Non se debe culpar aos menores do que acontece en Internet.

   8. Establece un tempo xeneroso, pero concreto, para que os  menores utilicen Internet no fogar.

   9. Acordade un código familiar de uso de Internet.

  10. Gozade Internet cos/as fillos/as ou alumnos/as.

Consellos extraídos do proxecto asturiano "Internet e familia"