Premios á innovación educativa para o profesorado e centros sostidos con fondos públicos

Orde do 11 de decembro de 2007 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado e centros sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, convocados pola Orde do 18 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 8 de maio).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 18 de abril de 2007 (DOG do 8 de maio), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras, e aprobou os orzamentos base reguladores desta convocatoria

Cumprida a tramitación prevista na orde de convocatoria, e valoradas pola comisión de selección as experiencias presentadas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:
Primeiro.-Concederlles os premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 18 de abril de 2007, aos traballos e profesores que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Aos autores dos traballos premiados certificaráselles a actividade de innovación con recoñecemento de actividade de formación permanente do profesorado, e tal e como se recolle no artigo 11º da Orde do 18 de abril de 2007.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2007.
Laura Sanchez Piñón
Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Relación de premios e as súas contías
Modalidade A:
-Primeiro premio de 3.000 euros.
Título do traballo: I Olimpíada Tecnolóxica: a tecnoloxía no camiño.
Coordinadora: Ester Fernández Cordero.
Centro: CPI Uxío Novoneira.
-Segundos premios de 1.500 euros.
1. Título do traballo: Poliedros de Platón y Pacioli.
Autor: Santiago López Arca.
Centro: IES Ramón Otero Pedrayo.
2. Título do traballo: Memoria do Holocausto, Auschwitz-Birkenau, 60 anos despois.

Coordinadora: Beatriz Turrón Torrado.
Centro: IES A Sangriña.
3. Título do traballo: Zapatarte.
Autora: Mª Ángeles Paredes Villaronga.
Centro: CEIP Emilio de Navasqüés.
4. Título do traballo: Un taller da actualidade.
Autor: Jorge Pedrosa Rúa.
Centro: IES de Teis.
-Terceiros premios de 1.000 euros
1. Título do traballo: Exercicios de composición plástica sobre un poema de María Mariño.

Autor: Xosé Manuel Rodríguez Alonso.
Centro: IES O Ribeiro.
2. Título do traballo: Debuxando un Crop Circle.
Autor: José Benito Búa Ares.
Centro: IES Ramón Cabanillas.
3. Título do traballo: New pupil at shool.
Coordinadora: Ana Isabel del Valle Montero.
Centro: CEIP Julio Gurriarán.
4. Título do traballo: Living English through the theatre.
Coordinadora: Nieves Rodríguez Estévez.
Centro: CEIP Carrasqueira.
5. Título do traballo: Proxecto: Siñor Afranio.
Coordinador: Diego Rojo Garrido.
Centro: IES Pintor Colmeiro.
6. Título do traballo: Seamus, the Leprechaun.
Autora: Concepción Fernández Torices.
Centro: EEI Coirós de Arriba.
7. Título do traballo: A auga nas nosas vidas.
Coordinador: José Conde Súarez.
Centro: CEIP Saco e Arce.
8. Título do traballo: A biblioteca centro dinamizador da vida na escola.
Autora: Noemí de la Merced Tallón Pérez.
Centro: CEIP da Igrexa.
9. Título do traballo: Mil e uhna maneiras de ver A Coruña.
Autor: Henrique Sexto Aguiar.
Centro: IES Someso.
10. Título do traballo: Investigamos as plantas.
Coordinadora: Mª Lourdes Elvira López Figueira.
Centro: CEIP Cangas.
11. Título do traballo: Semana da radio.
Autor: Javier Estévez Ferreiro.
Centro: Colexio Divino Salvador.
12. Título do traballo: Contos xeométricos.
Coordinadora: Beatriz Vives Campos.
Centro: CPI Camiño de Santiago.
13. Título do traballo: Palabras con ton e son.
Coordinador: Xosé Lois Gil Magariños.
Centro: IES Aquis Celenis.
14. Título do traballo: A WEB 2.0 na didáctica das clásicas.
Autor: Álvaro José Pérez Vilariño.
Centro: IES Manuel García Barros.
Modalidade B:
-Seis (6) premios de 1.000 euros a materiais relacionados co plurilingüismo e empregados nas seccións bilingües:

1. Título do traballo: Mapa xeolóxico de Galicia-Galician Geological map.
Autor: Ferrnando Lahuerta Mouriño.
Centro: IES Val Miñor.
2. Título do traballo: Move your body in English.
Coordinadora: Fabiola Cintrón Dapena.
Centro: EEI Concepción Crespo Rivas.
3. Título do traballo: Clasificación dos seres vivos.
Coordinador /a: Manon Funes Hurle.
Centro: IES Teis.
4. Título do traballo: Filosofía I en ensinanza bilingüe.
Autor: Manuel Torres Cubeiro.
Centro: IES Porto do Son.
5. Título do traballo: Ética en ensinanza bilingüe.
Autor: Manuel Torres Cubeiro.
Centro: IES Porto do Son.
6. Título do traballo: Machanisms /mecanismos.
Autor: Demetrio Hermida Castro.
Centro: IES Fonmiñá.
Un premio de 2.000 euros a materiais do ámbito cientifico-tecnolóxico-matemático.

Título do traballo: Maqueta: placa solar microcontrolada.
Coordinador: Francisco Freire Blanco.
Centro: IES Punta Candieira.
-Un terceiro premio de 1.000 euros a materiais do ámbito cientifico-tecnolóxico-matemático.

Título do traballo: Canción das multiplicacións.
Coordinador: José Manuel López Cabana.
Centro: CEIP Julio Gurriarán.