Medio Ambiente de Pontevedra propón unha experiencia de producción de compost nas escolas da cidade

Dende a Concellaría de Medio Ambiente Natural preténdese poñer en coñecemento das novas xeracións as tres R: reducir, reciclar e reutilizar e consideramos que o mellor sitio para comezar con este propósito son os centros educativos. Aproveitando residuos producidos nos comedores escolares no Programa Madruga e os dos espazos axardinados dos centros educativos, e despois de seis meses,  se recolle un sustrato de gran calidade co que aboar as hortas, xardíns e maceteiros dos centros, ou das casas dos nenos.

O proxecto que se presenta formúlase como unha experiencia de producción de compost mediante a instalación de composteiros nos centros educativos do Concello de Pontevedra. O programa baséase nun sistema tecnolóxico e educativo, que pretende retomar solucións propias da cultura popular galega.

O proxecto consiste na instalación dun composteiro que permite protexer a masa de residuos dos axentes externos non desexados e acelerar a súa descomposición. O proxecto educativo consiste na explicación asequibel aos usuarios tanto no proceso de compostaxe como da xestión dos residuos en xeral, e dos aspectos ecolóxicos e ambientais relacionados.

Para isto, faise un seguimento dos composteiros, programándose visitas nunha fase inicial intensiva que se prolonga durante un semestre. Esta fase intensiva remata cunha avaliación tanto do resultado do tratamento como do proceso educativo, pensando ademáis en favorecer futuras actuacións.

Para que a experiencia alcance os seus obxectivos, solicitase a vosa colaboración a través das APAs e dos centros educativos –cos que posteriormente poñerémonos en contacto-.

Grazas pola súa atención, reciban un cordial saúdo.

Celia Alonso Caramés

Concelleira Delegada de Medio Ambiente Natural