IX FEIRA FRANCA : O TRABALLO DO CAMPO

Do venres 5 ao sábado 6 de setembro de 2008 en Pontevedra
A Feira Franca
celebra a súa IX edición os días 5 e 6 de setembro en Pontevedra tendo  como tema central  o traballo do campo  para recuperar o espírito daqueles labregos e labregas que celebraban a chegada das colleitas cheos de esperanza  e festexar a todos aqueles que viven da terra.

 
O venres 5 ás 18:30 horas pregoeiros a cabalo anunciarán a Feira nas prazas do centro histórico, ás 19:30 h. o pasarrúas de grupos de música, teatro e malabares, ás 21:00 h. celébrase o acto de apertura da Feira Franca, con espectáculo de música, teatro e pirotécnia e para rematar  ás 23:00 o espectáculo de monicreques da compañía Kukas na Praza da Pedreira.
 
O sábado 6 ás 11:00 horas ábrese o mercado medieval e os postos de venda de alimentación, as 12:00 h. comeza o desfile do transporte do viño a cargo da Aociación Recreativa de Xeve dende o convento de Santa Clara ata a Ferrería. Durante toda a xornada haberá actuacións , exhibicións , obradoiros…e para rematar de 17:30 a 20:00 h. O Torneo medieval na Praza de touros.