Fernando López Jácome, novo presidente da federación de asociacións de pais de alumnos
A Federación Provincial de Asociacións de Pais de Alumnos celebrou onte en Pontevedra unha asemblea extraordinaria na que Fernando López Jácome foi elixido novo presidente. Substitúe no cargo a Alfonso Moreno, que abandonou a presidencia ao non ter xa fillos en idade escolar. López Jácome era ata onte vocal da xunta directiva da federación. Ademais, ao termo da sesión extraordinaria celebrouse outra asemblea ordinaria na que se aprobou o orzamento para este ano e debateuse o proxecto de actividades da federación para o presente curso, entre outras cuestións.
mosimage Tamén se celebrou unha mesa de traballo específica sobre os comedores escolares, na que participaron técnicos da Consellería de Sanidade e da empresa Serunión, que se encarga do servizo nos colexios públicos do municipio de Pontevedra que dispón de comedor.
Esta empresa ata serviu a comida aos pais asistentes á xornada. Tratouse dun menú similar ao que comen os alumnos calquera día da semana, e serviuse coas mesmas normas e organización que nos centros. Esta experiencia, titulada Comer coma nenos, tiña por obxecto que os pais puidesen coñecer na práctica o funcionamento do servizo de que gozan os seus fillos.
Fonte: La Voz de Galicia