Ciclo de cine infantil na biblioteca de Pontevedra

Ciclo de Cine Infantil, que a Fundación MENIÑOS ven de organizar para os días 20, 21 e 22 de novembro, na Biblioteca Pública, na rúa Alfonso XIII, 3, de Pontevedra.

NOVEMBRO 2007

– Martes 20 ás 18:00 h.

“Kirikú e as bestas salvaxes” (“Kirikou et les bêtes sauvages”)

Francia, 2005
75 minutos de duración
Dirección: Michel Ocelot e Bénédicte Galup
Guión: Michel Ocelot, en colaboración con Philippe Andrieu, Bénedicte Galup e Marine Locatelli
Música: Manu Dibango
Montaxe: Dominique Lefever

Película de animación que se sitúa en África: O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos como Kirikú se convert en xardineiro, detective, oleiro, comerciante, viaxeiro e médico, e como o máis cativo dos heroes terá que procurar dentro del para atopar o valor, a astucia e xenerosidade necesarias para vencer o mal.

– Mércores 21 ás 18:00 h.

“Ratatouille”
USA, 2007
Directores: Brad Bird e Jan Pinkava
Produción: Pixar Studios para Walt Disney Pictures
Guión: Brad Bird
Fotografía: Sharon Calahan e Robert Anderson
Música: Michael Giacchino
Montaxe: Darren Holmes
Remy, o protagonista, vive do seu olfacto, para gozar os sabores, para adecualos e inventalos. A súa numerosa familia, que se alimenta dun composteiro, non ve ben que rompa a tradición (como pasa coas diferentes etnias) e emigre. O mundo ao que chega non ve ben que alguén dunha orixe tan modesta (tan sucia) teña pretensións. Non o ve tampouco o mercado global, nin o poder político; nin o da restauración, na medida en que crea novidades. Remy fala de seguridade alimentaria, en contraposición á tradición familiar: camiña sobre as patas traseiras para non manchar as mans.

– Xoves 22 ás 18:00 h.

“Unha ponte cara a Terabithia” (“Bridge to Terabithia”)

USA, 2007
Dirección: Gabor Csupo
Guión: David Paterson e Jeff Stock, baseado na novela de Catherine Paterson
Música: Aarón Zigman
Produción: Walt Disney Pictures
Fotografía: Michael Chapman
Montaxe: John Gilbert
Intérpretes principais: Josh Hutcherson e Anna Sophia Robb

Película de fantasía que fai especial fincapé en valores tales como a amizade e a solidariedade. Os protagonistas refúxianse na fantasía para escapar dos abusóns do colexio.

Entrada Gratuíta

Lugar: Biblioteca Pública

Rúa Alfonso XIII, 3

36002 – Pontevedra

CINE INFANTIL COA FUNDACIÓN MENIÑOS