Axudas para o alumnado en prácticas

Orde do 30 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. Primeiro prazo, 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizou a FCT nos períodos outubro 2008-marzo 2009 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2009. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2009. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado nos programas cualificación profesional inicial.

Non se acollerá a este prazo o alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2009 e que anticipase o período de FCT.

2. Segundo prazo, o prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2009, para o alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2009. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2009, agás o alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral.

As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderase presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

DOG martes, 12 de maio de 2009