Axudas concedidas para o financiamento do servizo de comedor escolar xestionado polas ANPA

Resolución do 29 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007, pola que se publican as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes desta consellería para o curso académico 2007-2008.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese mediante esta resolución á publicación das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007 (DOG nº 186, do 25 de setembro), pola que se publican as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso académico 2007-2008.

Aplicación orzamentaria: 09.01.423A.481.0.

Finalidade da axuda e norma reguladora: Orde do 18 de setembro de 2007 (DOG nº 186, do 25 de setembro), pola que se publican as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso académico 2007-2008.

As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas, para cada anualidade, a cada unha delas recóllense no anexo.


DOG 7/05/2008