Manual de actuación sobre asma escolar

A FENAER remítenos a actualización do seu manual sobre enfermidades respiratorias para o ámbito escolar.

O documento pretende dotar os membros da comunidade educativa duns coñecementos básicos para afrontar a atención aos nenos e adolescentes que sofren asma, e saber actuar en caso de crise. Lembramos que a FENAER estima unha incidencia do 10% de menores afectados.

O Manual está avalado pola Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (Separ), a Sociedad Española de Alergología e Inmunología Clínica (SEAIC), a Sociedad Española de Neumología Pediátrica (SENP) e a Sociedad Española de Inmunología Clínica, Alergología y Asma Pediátrica (SEICAP).