Recursos para o control parental no acceso á pornografía
Tras as charlas que fomos realizando polas distintas comarcas da provincia coa nosa escola itinerante de nais e pais, chegamos á conclusión de que se necesita moita máis formación no ámbito familiar e tamén dispoñer de ferramentas adecuadas aos nosos tempos para afrontar a comunicación cos nosos fillos; por iso, da man da educadora social Lucía Pereda que nos introduciu neste campo, presentamos a súa guía de recursos para o control parental, isto é o ferramentas que axudan os pais a xestionar o acceso á información dixital de maneira sinxela, contrastada e eficaz.
Agardamos que sexan de utilidade!