Xornadas de formación para xuntas directivas 2025

Parte económica
[11 de xaneiro de 2025, sábado, de 10:00 a 13:00]

Relator: Pablo Figueroa, especialista de Algalia
https://algalia.com/gl/

Lugar:
IES de Mos
Estrada das Pozas nº 23, Petelos     36416 Mos

Temática

1. Obrigas contables:
a. A obriga xenérica de ter contabilidade : como afecta a unha ANPA?
b. Breve introdución ao plan contable adaptado para entidades sen fins de lucro

2. Obrigas fiscais:

a. Obrigas informativas: declaracións censuais e de operacións con terceiros
b. Obrigas impositivas: imposto de sociedades, IVE, IRPF
c. Obrigas de facturación
d. Casos prácticos e consultas tributarias

3. Exemplo globla dunha ANPA: contabilidade e fiscalidade

Parte social

[18 de xaneiro de 2025, sábado, de 10:00 a 13:00]

Relatora Nuria Martínez Pigueiras
Secretaría técnica de CONFAPA-GALICIA
http://www.confapagalicia.org/

Lugar:
Sede de FANPA Pontevedra,

r/ Xan Guillerme, 9. Pontevedra

– Réxime de Asociacións.
– Finalidades.
– Dereitos
– Convocatorias e reunións.
– “Libros” obrigatorios.
– Actividades extraescolares.
– Participación: Consellos Escolares.

Inscrición

(2 representantes por sesión)
Enviar un correo a xestion@nontedurmas.org co asunto: Xornada formativa (parte económica/social) e indicar o nome das persoas e o da ANPA de procedencia. O enderezo de correo electrónico que utilicedes para a inscrición utilizarase para enviarvos a documentación dixitalizada previa.

Como se realiza en dúas sesións hai que inscribirse para cada unha delas. Poden ser persoas distintas en cada sesión: tipicamente, para a primeira a persoa presidente e a tesoureira e, para a segunda, ademais da presidenta a persoa secretaria.

Tamén poñeremos á vosa disposición a posibilidade de asistir vía telemática en directo, mediante Zoom, a ambas sesións. Se esa fose a opción preferible nalgún caso, debedes indicalo no correo que nos mandedes para a inscrición.

(calquera información ou dúbida podedes consultala por correo en xestion@nontedurmas.org . Se queredes propoñer temas ou consultas concretas, enviádeas tamén por medio do correo.

Comentarios0

Deixa unha resposta