Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 2024-2025
As axudas para o curso 2024-2025 están dirixidas a persoas que presentan una necesidade específica de recibir apoio educativo, inclúese alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), derivado dalguna das seguietes situacións:
- Discapacidade
- Trastorno grave de conduta
- Trastorno grave da comunicación e da linguaxe
- Trastorno do espectro autista (TEA)
- Altas capacidades
A principais novidades deste curso son:
- Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederá de forma automática a todos os beneficiarios, independentemente das rendas das familias e dos resultados académicos dos estudantes e sen necesidade de xustificación
- Non é requisito imprescindible dispoñer do certificado de discapacidade
Estudos comprendidos non universitarios
- Segundo ciclo de Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria Obrigatoria
- Bacharelato
- Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior
- Formación Profesional Básica
- Outros programas formativos de formación profesional aos que se refire a sección 3.ª do capítulo IV do título I do Real Decreto 659/2023, de 18 de xullo
Tamén poderán solicitar as axudas os alumnos con Trastorno do Espectro Autista e alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Prazo: Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos inclusive
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html