II Premio de Benestar Emocional do Min. de Educación

II Premios de benestar emocional no ámbito educativo, dirixidos aos centros educativos españois sostidos con fondos públicos que imparten os ensinos de Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria, Ciclos de Formación Profesional Básica e de Grao Medio, e ensino de Persoas Adultas, que desenvolvan proxectos de promoción e coidado do benestar emocional, co fin de recoñecer o esforzo realizado polos centros educativos e a súa contribución á mellora da calidade da educación.
 
Con este premio preténdense favorecer as seguintes actuacións:

A / Incorporar nas estruturas do centro educativo un enfoque integral da promoción do benestar emocional do alumnado.
B / Implementar proxectos de participación do alumnado que favorezan o desenvolvemento de competencias socioemocionais, a cultura de bo trato, a resolución de pacífica conflitos, a prevención do acoso e ciberacoso, a convivencia positiva e o crecemento persoal nun ambiente seguro e saudable. 
C/ Desenvolver proxectos de coordinación comunitarios para a promoción do benestar emocional, establecendo conexións entre profesionais de centros escolares, centros sanitarios e colectivos locais de apoio á infancia e mocidade, que sirvan para a formación ou consolidación de tecido social, redes de axuda e que evite a segregación especialmente do alumnado en situación de vulnerabilidade.

O extracto da convocatoria da II edición dos Premios de Benestar Emocional publicado no BOE pódese ver na seguinte ligazón:


https://boe.es/boe/dias/2024/06/12/pdfs/BOE-B-2024-21747.pdf

A ligazón á sede electrónica para a presentación de solicitudes é a seguinte:
Premios de benestar emocional no ámbito educativo (II Premios de benestar emocional no ámbito educativo (convocatoria 2024)) | Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (educacionfpydeportes.gob.é)

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/va/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/29/2983783/ficha/2983783-2024.html

 O trámite está aberto até o 15 de xullo de 2024 14:00 horas.

A título informativo: https://www.youtube.com/watch?v=FWBeEMrMxqg

Comentarios0

Deixa unha resposta