RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2013/14.

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto regular o Plan Proxecta e establecer as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2013/14.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

DOGhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130614/AnuncioG0164-290513-0001_gl.html