ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14.

Artigo 1. Actualización da oferta

Actualizar a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14, segundo se relaciona no anexo desta orde, que serán cofinanciados polo Fondo Social Europeo nun 80 % para gastos de funcionamento e de profesorado, no marco do programa cooperativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 72.

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

Na modalidade presencial, exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos módulos profesionais de grao medio ou superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes a que se refire o artigo 11.1 da Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. Na modalidade semipresencial e a distancia a autorización quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de matrícula no módulo correspondente. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar ningunha matrícula. A condición do número mínimo de solicitudes débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130614/AnuncioG0164-100613-0002_gl.html