ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

Artigo único.  Vixencia dos libros de texto e materiais curriculares
1. Determinar como período de vixencia dos libros de texto e materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral seis (6) cursos académicos, contados desde a súa elección.
2. Durante este período só poderán substituírse cando circunstancias excepcionais oude carácter pedagóxico ou científico o aconsellen, e así o determine a xefatura territorialcorrespondente desta consellería, logo do informe de inspección educativa, previa solicitude do centro.
Disposición derrogatoria.  Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan á presente orde.

Disposición derradeira.  Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

AnuncioG0164-240513-0006_gl.pdf