RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/16.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2015/16 de autorización de novas seccións bilingües nos centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario. Artigo 2. Solicitude e documentación 1. Os centros que desexen iniciar a implantación de novas seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude (anexo, modelo normalizado ED504D) e dirixila á xefatura territorial correspondente, achegando a documentación que se relaciona a seguir: a) Proxecto de participación no plan, en que se recollan, entre outros aspectos: profesorado e alumnado participante; os obxectivos propostos e os contidos; etapas e cursos en que se desenvolverá; áreas, materias ou módulos; estratexias metodolóxicas e pautas para a avaliación do proxecto. b) Certificación da aprobación do proxecto polo consello escolar, unha vez oído o claustro. c) Compromiso por parte do profesorado implicado (profesorado responsable da sección e profesorado coordinador) de formar parte do proxecto durante, como mínimo, dous anos. d) Relación do profesorado da área, materia ou módulo non lingüísticos, xunto coas credenciais de posuír destino definitivo no centro e a titulación que acredite a súa competencia lingüística no nivel requirido (B2). e) Certificación da dirección do centro co número de alumnos/as que participarán nas seccións bilingües que se solicitan. DOG Nº 80