RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2021/22

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 12 de abril de 2021.

As solicitudes para a renovación de praza (procedemento BS402F) do alumnado escolarizado durante o curso 2020/21 presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

As solicitudes de novo ingreso (procedemento código BS402A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste impreso de solicitude poderá solicitarse praza para un máximo de dous centros indicando a orde de preferencia.

Os impresos estarán dispoñibles ademais no enderezo electrónico https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Orixe: Resolución do DOG nº 55 do 2021/3/23 – Xunta de Galicia

Comentarios0

Deixa unha resposta