ORDE do 6 de novembro de 2026 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

Centros

1.4.3. Centros docentes non universitarios de titularidade pública:

– A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno o subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades, a persoa titular poderá ser substituída por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

– Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.

– 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.

– O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

– O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados neste punto será realizada pola dirección do centro respectivo e publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

 

Transporte

….

Consonte o anterior, os servizos mínimos para a xornada de folga do mércores 11 de novembro poderán consultarse na páxina web da Xunta de Galicia https://www.bus.gal/gl/descargas/servizos_minimos

B) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental, como é o da educación, coma polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

Do mesmo xeito, a dispersión da poboación en Galicia determina que, diariamente, se teña que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os que non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

Coa finalidade de ponderar a garantía do esencial dereito á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a catro (4) quilómetros.

Orixe: DOG 214 do 9/11/2026 – ORDE do 6 de novembro de 2026 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

Comentarios0

Deixa unha resposta