A Deputación de Pontevedra abre prazo para solicitar “En plan ben: aulas saudables”

Son destinatarios deste programa os centros públicos situados nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra nos que se imparta ESO, bacharelato e formación profesional básica.

Por cada un dos centros beneficiarios, participarán na actividade:

• Un grupo de alumnado de ESO, bacharelato ou formación profesional básica, integrado por un máximo de trinta persoas.

• O profesorado e o equipo de orientación do centro educativo.

• As familias, preferiblemente do grupo participante, e as anpas.

Orixe: 3219437 Solicitude de participación no programa “En plan ben: aulas saudables”

Comentarios0

Deixa unha resposta