Proba de nivel do Cambridge
Comunicamos que este venres día 7 de outubro comezarán as clases de preparación do Cambridge. Neste mesmo día farase unha proba de nivel a todos os alumnos/as para formar os grupos.
Os alumnos/as da ESO, de 1º a 4º, terán que estar ás 16:30 hrs no IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA, e despois da proba de nivel terán clase até as 18:30 hrs.
Os alumnos/as de BACHARELATO tamén ás 16:30 hrs no IES VALLE INCLÁN e, asemade terán clase en horario habitual.
Na vindeira semana recibirán chamada telefónica aqueles mozos/as, que despois de corrixida a proba de nivel se aconselle un cambio de grupo, de non ser así, seguirá no seu grupo e IES correspondentes.
Importes:
Ket: student book: 31 € e workbook: 20€