As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela

Congreso

As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro / Languages and Cultures of the Route of Santiago de Compostela: Present and Future.

O congreso dedicado ás linguas e ás culturas de Europa que se vertebran arredor do Camiño de Santiago de Compostela pretende ser un punto de encontro para especialistas na materia. Nel trataranse cuestións relativas a unha historia común de linguas e culturas de diferentes rexións de Europa que non só miran cara un pasado fascinante, senón que, ademais, viven felizmente no presente e pretenden proxectarse ricamente cara ao futuro.

O congreso terá lugar os días 21 e 22 de outubro de 2011 no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela

Máis información