Ponte a conducir 2024 en Marín e Sanxenxo

Ponte a conducir 2024, prácticas de edución viaria para peóns, bici e karts en Marín e Sanxenxo. De 3 a 12 anos.

En bici ou en moto, coñecer as sinais é coidar de ti e dos demais

Prácticas de peón, conductor de bici e karts. Actividades de Seguridade Viaria para nenas e nenos de 3 a 12 anos

Datas

28 de setembro en Portonovo (Parque Eguren)

19 de outubro en Marín (Arredor da piscina municipal)

HORARIO:
Todas as actividades comezan ás 10:00 horas e rematan ás 13:00 horas aproximadamente. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.

INSCRICIÓNS:
Ata ás 14:00 do día anterior de cada actividade no correo electrónico de ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do/a participante
  • Curso escolar
  • Idade
  • Centro educativo ao que pertence
  • Nome do pai, nai ou titor/a responsable
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo
  • Correo electrónico

Ademais debe descargarse e cubrirse autorización sobre toma de imaxes. Este consentimento debe enviarse xunto co correo de solicitude de inscrición.

Poderá realizarse a inscrición no circuíto o mesmo día da celebración da xornada, sempre que queden prazas vacantes, polo que se recomenda facer a inscrición por anticipado por correo.

TEMPOS E OBSERVACIÓNS:
Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.

Importante
Cada nena/o traerá o seu propio medio de transporte e casco para utilizar no circuíto: bici, moto, triciclo, etc. Tamén participarán como peóns.
Todas as/os participantes deberán cumprir as normas que estableza a organización, tanto dentro do circuíto como durante a xornada.
Todas as/os menores deberán estar acompañados dunha persoa adulta responsable.

Novidades

Na edición deste ano, incorporamos unha xornada en Sanxenxo, concretamente na contorna da piscina municipal de Baltar, en Portonovo. Con respecto aos medios de exposición, estará o Servizo de Emerxencias en Sanxenxo e en Marín contaremos coa Brilat e a Policía Nacional.

Concurso de debuxo

Bases do concurso de debuxo (120 participantes por cada categoría)

  • Nome completo do participante
  • Curso
  • Idade
  • Centro educativo
  • Nome completo de nai/pai/titor
  • Teléfono de contacto

PARTICIPAR IMPLICA CUMPRIR AS BASES COLGADAS A WEB DE LA FANPA
Asinar o consentimento de imaxes que se enviará co correo

Folla de consentimento

Comentarios0

Deixa unha resposta