Programa PAE 2024-25

O Programa PAE é un Programa de Apoio Específico dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria que presenta necesidades derivadas do diagnóstico de diferentes trastornos como poden ser o Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH),Trastorno de Espectro Autista (TEA), Trastornos de Aprendizaxe… Sendo conscientes das necesidades dos/as escolares que presentan estes trastornos tomouse a iniciativa de crear este Programa para promover actuacións e intervencións que permitan unha resposta adaptada ás necesidades de cada participante. Ditas actuacións están dirixidas tanto á intervención educativa con estes alumnos e alumnas como ao asesoramento e orientación das familias, mantendo sempre a comunicación e a colaboración cos centros escolares aos que pertence cada participante.

  • Atención adaptada ás necesidades individuais de cada participante, partindo dunha entrevista previa coa familia de cada participante na que se comenta cal e a situación familiar e escolar na que se atopa o/a menor e posteriormente, unha vez que comeza no Programa, a intervención durante as sesións adáptase para dar resposta ás necesidades detectadas.
  • Formación dirixida ás familias, onde as profesionais que interveñen cos nenos/asfacilitan ás familias información actualizada, estratexias e ferramentas precisas que permiten favorecer unhacomunicación positiva que posibilite unha melloría do autoconcepto e da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do/a menor.
  • Colaboración co centro escolar, a través de reunións periódicas das profesionais do Programa co departamento de orientación e o titor/a do neno/a, o que permite tanto facilitar e optimizar o asentamento dos avances alcanzados nas sesións como asesorar ás familias dende unha perspectiva interdisciplinar.


Información e contacto

FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, tel: 986 843 412 ou no e-mail: actividades@nontedurmas.org
ANIAS: r/ Echegaray 39, tel: 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail :anias@anias.es

Prezos (por mes)
(actualizado o 24 de setembro de 2024)

Comentarios0

Deixa unha resposta