FANPA e Concello de Pontevedra asinan anovación para ludoverán e ludonadal por 4 anos

A sinatura do convenio entre o Concello de Pontevedra e a FANPA vai permitir ofrecer unha aposta estable para os vindeiros catro anos (2018-2022) no programa de ludoverán e nadal.

As ludotecas  que organiza a FANPA desde hai anos son unha das actividades máis masivas, sobre unhas 2000 prazas, que se realizan no ámbito municipal para favorecer a conciliación familiar entre as vacacións dos menores e as necesidades de asistir ao traballo por parte dos pais.

En palabras do noso presidente trátase dun  “convenio importante, que vén a cubrir a necesidade de conciliación para as familias do Concello nos vindeiros anos. Quero salientar pola nosa parte unha política que fai aos cidadáns copartícipes da xestión dos recursos públicos aplicados ás súas necesidades, desenvolvendo unha cultura de participación e de relación, tan importante no momento político que vivimos.”

Carme Fouces, concelleira; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde e Rogelio Carballo, presidente da FANPA

O convenio ten un importe de 55.000 euros anuais para cubrir ambos períodos do programa e supón a colaboración para financiar cando menos 1200 prazas, das que cando menos 120 estarán reservadas para necesidades dos servizos sociais.

Os programas van destinados a nenas e nenos entre 3 e 12 anos (Primaria) e están abertos a todos os empadroados no municipio e escolarizados en centros de calquera titularidade.

A FANPA é unha entidade sen ánimo de lucro xestionada por nais e pais de alumnos dos centros públicos da provincia de Pontevedra desde hai máis de 30 anos que ten a súa sede no municipio .

Publicamos o texto completo do convenio co fin de sermos transparentes e tamén de que sirva de modelo para outros concellos interesados na colaboración entre institucións e institucións cívicas.

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/10/CONVENIO-FANPA.pdf”]

Descarga