Conciliaverán 2026

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 4, 5, 6, 7 e 8 de maio
    de 9:00 a 14:00 horas. Poranse modelos de solicitude, ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición. Pode descargar e traer cuberta xa a ficha de inscrición
  • Vía telemática mediante un formulario online: dende as 9:00 horas do 4 de maio ata ás 14:00 horas do 8 de maio. Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.
    https://fanpa.gal/apuntate/

    ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
    No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unha baremación cos seguintes
    criterios:
  • Situación escolar:
  • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
  • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (10 puntos).
    Situación socio-familiar:
  • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
  • Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
    Situación laboral:
  • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
  • Familia onde só un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
  • Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).

    En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
    O 10% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.

Para rapaces/as de Secundaria ofrecemos un campamento deportivo

INFO

(A ficha de inscrición descargable e editable está ao fondo desta páxina)

Datas de realización

– Conciliaverán especial xuño: do 22 ao 30 de xuño de 2026.
– Conciliaverán especial setembro: do 1 ao 4 de setembro de 2026.
– Conciliaverán quincenais: xullo e agosto de 2026, divididos en 4 quendas quincenais, excepto Álvarez Limeses e Xunqueira II e Crespo Rivas que son só en xullo.
– Conciliaverán mensuais: xullo e agosto de 2026, divididos en 2 quendas mensuais, menos Marcón,
A Carballeira e Xeve que son só en xullo.

Lugares de realización

  • Conciliaverán especial xuño e setembro (En lingua galega):
    Campolongo.
  • Conciliaverán quincenais (5 en lingua galega, 1 en lingua inglesa e 1 deportiva):
    Campolongo, Marcos da Portela, Vilaverde, Álvarez Limeses e a deportiva en Xunqueira I; Manuel Vidal Portela (inglés) e Crespo Rivas (Infanttil) .
  • Conciliaverán mensuais (6 en lingua galega):
    Cabanas, Ponte Sampaio, A Carballeira, Marcón, Parada Campañó e Xeve.

Cronogramas

Ludotecas xerais

Deportiva de Primaria

Ludotecas inglés

Moi importante:
O prezo de dous períodos quincenais non significa un mes.
A contratación faise sumando períodos quincenais ou mensuais segundo o tipo de período ao que corresponde cada ludoteca solicitada
.

Por quincenas

Campolongo (centro)
Manuel Vidal Portela (centro, inglés)
Marcos da Portela (Monte Porreiro)
Vilaverde (Mourente)
Álvarez Limeses (centro)
Xunqueira 2 (actividade deportiva primaria)
Xunqueira 1 (actividade deportiva de secundaria)

Crespo Rivas (infantil, xullo)

Mensuais
A Carballeira
Xeve
Marcón
Ponte Sampaio
Cabanas
Parada-Campañó

Horario da ludoteca:

  • De luns a venres (excepto festivos) de 9:00 h a 14:00 h.
  • Horario ampliado de 8:30 a 14:30.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (Só naqueles/es centros nos que se oferte. Ver táboa no folleto informativo):

  • Servizo Madruga: de 7:30 a 9:00 horas (con ou sen almorzo).
  • Servizo Comedor: de 14:00 a 16:00 horas.

PREZOS CONCILIAVERÁN (por menor e quenda):

  • Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño
    ou setembro e conciliaverán quincenal: 50€/quenda e conciliaverán mensual: 80€/mes.
  • Non socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial
    xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 70€/quenda e conciliaverán mensual: 90€/mes.
  • Privados, concertados e demais casos: conciliaverán especial xuño e setembro e quincenal:
    85€/quenda e 95€/mes nos conciliaverán mensuais.
  • As familias con 2 ou máis fillos/as matriculados nos conciliaveráns terán un desconto de 5€
    por neno/a e quenda.

  • NOTA:
    Se opta polo pago mediante transferencia, deberá facer o ingreso correspondente na conta de
    ABANCA ES75 2080 5403 4130 4012 0558
    poñendo como concepto o nome e apelidos do menor + conciliaverán + quenda; e como destinatario “Federación Provincial de ANPAS de Pontevedra“. Non poña como destinatario **FANPA porque lle dará aviso de erro. O aviso non impide enviar a transferencia de todos modos.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (por neno/a)

*OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS tramitaranse directamente coa empresa, a través de correo electrónico info@arumeservicios.es ou no número de teléfono 607634413 ou 986453040, en horario de mañá (9 -14 horas).

NON SE OFRECERÁ SERVIZO ESPORÁDICO

Só se admitirán contratacións por urxencia xustificada, que deberán solicitarse como mínimo o día laborable anterior antes das 14:00 h.

  • Horario do comedor: De 14:00 a 16:00 h
  • Horario de recollida: De 15:00 a 16:00 h, de maneira ininterrompida
  • Menús especiais: Ofreceranse menús adaptados a alerxias ou intolerancias, sempre que se indique na inscrición e se achegue o correspondente informe médico ao enderezo de corrreo de Arume.

O período de inscrición será do 15 de maio ao 1 de xuño.

Moi importante:

  • Para poder facer uso de calquera dos servizos (Madrugadores ou Comedor), é imprescindible ter cuberta e enviada a ficha de inscrición a ARUME a info@arumeservicios.es que corresponda e que se ofrece un pouco máis abaixo.
  • A posta en marcha de cada servizo estará condicionada a acadar un mínimo de 20 usuarios/as inscritos/as.
  • No caso de necesitar un menú adaptado por razóns de alerxias ou intolerancias, lembrade que é obrigatorio indicalo na ficha e achegar o informe médico correspondente.

Normas do Ludoverán

A inscrición nas actividades implica necesaria e explicitamente aceptar as seguintes normas.