Obxectivos

mosimage

Asistir, coordinar, representar, reclamar, fomentar, colaborar, promover, acadar, potenciar, facilitar…

b) Asistir ás ANPA en todo aquilo que teña que ver cos fins fixados nos seus respectivos estatutos, en especial no que teña que ver coa educación dos alumnos.

c) Coordina-la actuación das ANPA para lograr unha unidade de acción.

d) Representar e defende-los dereitos das ANPA asociadas e asistir no dereito dos pais e titores dos alumnos a intervir no control e na xes-tión dos centros públicos.

e) Reclamar ante os órganos competentes da Administración o cumprimento das leis relativas á Educación, entendendo esta coma un dereito humano de carácter fundamental.

f) Fomentar o desenvolvemento das ANPAS e promove-la integración delas nesta Federación cando non estean federadas e radiquen no seu ámbito territorial.

g) Colaborar coas ANPA asociadas nas actividades educativas dos centros.

h) Promove-la participación dos pais e titores de alumnos na actividade do centro escolar.

i) Facilita-la representación e a participación dos pais e titores dos alumnos nos consellos escolares de centros públicos e noutros órganos colexiados, se fose o caso.

j) Fomentar e dar asesoramento a tódalas ANPA asociadas.

k) Fomentar e promove-la cultura xeral, e en particular o idioma galego.

l) Promover e desenvolver cantas actividades sexan necesarias para facilitar e conseguir os seus obxectivos, incluíndo o poder arbitrar me-dios económicos para axudar ós seus asociados, co obxecto de que poidan desenvolver mellor os seus fins.

m) Fomenta-las relacións de cooperación das ANPA asociadas cos sectores sociais, deportivos e culturais da súa contorna.

n) Acadar un ensino de alta calidade, gratuíto e que desenvolva a personalidade humana con respecto ós principios democráticos de convivencia e ós dereitos e liberdades, ó abeiro do que dispón a Constitución española do 1978.

o) Promover todo tipo de asociacións encamiñadas a que os grupos marxinados socialmente por razón de etnia, diminución física, psíquica ou sensorial ou calquera outro motivo, sexan integrados nos centros educativos e admitidos con normalidade na comunidade educativa.

p) Potenciar calquera actividade que leve a que a planificación dos programas educativos respondan a unha integración social, laboral, cul-tural e económica dos grupos marxinados socialmente.

q) Facilitar o asesoramento legal a tódolos membros e asociados e, no seu caso, promove-las correspondentes accións administrativas ou xudiciais tendentes a garantir os intereses e dereitos recoñecidos legalmente.