Compra na túa librería de barrio

A Federación de ANPA de Pontevedra recomenda consumo responsable e, polo tanto,  a compra dos libros de texto nas librerías tradicionais e de barrio.

A librería tradicional non é un simple comercio, senón un provedor de cultura e de consello profesional. A todos nos interesa durante todo o ano unha librería preto da nosa casa: unha libreta, un atlas, un caderno ou unha colección de aventuras… pero sobre todo o consello para un primeiro libro infantil, unha recomendación de lectura para o verán ou o mellor dicionario para aprender un idioma…

Iso non é algo que lle compense a unha gran área comercial que vende ao peso pero a nós, pais e alumnos si.

Que os libros estean preto da túa casa e dos teus fillos!