A Xunta aproba novos decretos: currículo de Primaria e de uso do galego

Segundo o presidente da Xunta o decreto de normalización e uso do galego nos centros garante a plena igualdade e formación (competencia ) en galego e castelán.

O Goberno galego deu luz verde tamén ao decreto polo que se establece o currículo da educación primaria. Suporá a introdución da obrigatoriedade de que todos os centros de ensino impartan a lingua estranxeira desde os seis anos

Os centros educativos terán que realizar un proxecto para a integración das tecnoloxías da información e comunicación e anunciase a implantación dunha proba de diagnóstico para os alumnos que rematen o segundo ciclo que permita avaliar o estado da educación (en relación cos informes PISA)

O texto dos decretos foi aprobado hoxe polo Consello da Xunta e nos vindeiros días aparecerá no DOG, momento no que daremos conta do seu contido.