Axudas-Atención primeira infancia

Orde do 13 de xuño de 2007 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos
       DOG

Orde do 13 de xuño de 2007 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede a súa convocatoria.
A axuda convocada consiste na provisión e cobertura total ou parcial do custo da praza adxudicada nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo que desexen acollerse aos beneficios do programa cheque infantil.

Para os efectos desta axuda establécese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías:

a) Praza ofertada durante un horario mínimo de 8 horas diarias: 130 €/mes.
b) Praza ofertada durante un mínimo de 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes.
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes.
Entendendo prazas con horario a partir das 15.00 horas un mínimo de catro horas.

No custo máximo da praza, exclúese o prezo de transporte, actividades extraescolares, material escolar, matrículas e outros análogos, que deberán ser aboadas, cando proceda, pola persoa usuaria.

Co obxecto de dar continuidade ás prazas adxudicadas no curso 2006/2007, terán preferencia para a concesión das axudas previstas nesta orde as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos que no curso 2006/2007 tivesen recoñecida esta axuda. En todo caso, deberán cumprir os requisitos establecidos nesta orde para ser persoa beneficiaria e solicitar a reserva da praza adxudicada no ano anterior.

Poderán ser beneficiarias do programa cheque infantil galego, as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:

a) Solicitantes de prazas, nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultasen adxudicatarias/os dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes de oficio sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude da praza. Neste caso, estas persoas solicitantes en lista de espera, non terán que presentar a solicitude da axuda regulada nesta orde.
b) Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, nalgún centro partícipe do programa existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.
c) Solicitantes de prazas en horario de tarde.

O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza, así como para as/os posibles beneficiarias/os do artigo 3.2º b) e 3.2º c), será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso das/dos posibles beneficiarias/os do artigo 3.2º a) non será precisa a presentación de solicitudes, considerándose de oficio como interesadas/os desde o momento en que, formando parte das listas de espera definitivas en centros sostidos con fondos públicos, exercesen a opción polo programa cheque infantil.

Con carácter excepcional, poderase presentar solicitudes fora do prazo establecido no punto 2 deste artigo cando se produza algunha das circunstancias que se indican a seguir:

a) Nacemento da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b) Fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
c) Cambio de concello de residencia da unidade familiar ou outras circunstancias que motivadamente aprecien as delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar.