PAZ

XIX ENCONTRO GALEGO e XII GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
18, 19 e 20 de novembro, 2005
Hotel Novo Muiño
Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra)

XIX ENCONTRO GALEGO e XII GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
18, 19 e 20 de novembro, 2005
Hotel Novo Muiño
Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra)
ORGANIZA:
  • Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega
  • Dto. de Pedagoxía e Didáctica das CC.EE da Universidade da Coruña
  • Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)
  • Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a paz (AGAPPAZ)

Unha vez máis convocamos á cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses, así como de outras terras, para debatir, compartir e practicar diferentes temáticas que afectan ao noso traballo a prol dunha cultura de paz. Nesta ocasión, atoparémonos nun dos lugares de referencia na historia dos nosos Encontros como é a praia de Camposancos, concello da Guarda (Pontevedra), xusto onde o rio Miño une as terras da Galiza e Portugal.

Para esta edición decidimos abordar un tema clave na nosa prática profisional e que ten unha inequívoca actualidade na Galiza e no conxunto de España por afectar a un dos pilares da actual reforma educativa: a educación para a cidadanía. A ninguén se lle oculta as dificultades da integración europea, dos intentos cada vez menos disimulados de querer convertirnos en consumidores ou simplemente en clientes en lugar de auténticos cidadáns, das dotrinas neoliberais e belicistas que imperan no mundo e que están a impregnar todo o tecido social, do retroceso da participación nos centros educativos, o aumento da conflitividade, etc. Cuestións sobre as que debemos reflexionar e intentar dar unha alternativa en clave de cidadanía democrática e cultura de paz. Máis concretamente debemos respondernos a interrogantes como:

– ¿como aprender e ensinar desde e para a cidadanía democrática?,

– ¿como facer dos nosos centros escolas de cidadanía?,

– ¿temos un currículum que garante a aprendizaxe da cidadanía?,

– ¿temos unha política educativa que cultiva a cidadanía?,

– ¿cál é a situación da educación para a cidadanía na Galiza, así como no conxunto de España, e en Portugal?

– etc.

Pero ademáis da reflexión e do debate, os Encontros reservan parte do seu tempo para facer práticas nos obradoiros, escoitar experiencias, asistir á presentación de materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, especialmente, encontrarnos, saber dos nosos proxectos, das nosas ilusións, dos nosos problemas e dificultades na construcción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo elo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.

Outro ingrediente fundamental desta edición é a aprobación dos estatutos e a eleición de cargos na xunta direitiva da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Unha idea que e está a xestar no transcurso dos dous últimos Encontros e que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de doce anos, e que no caso galego vai para case vintecinco anos.
Por todo elo, agardamos poder contar coa vosa presencia e participación activa. Até novembro.
 

PROGRAMA

Venres/6ª feira , 18 de novembro

16.00h.- Recepción
18.00h.- Xogos Cooperativos
19.30h.- Apertura e Boas vindas
19.45h.- Mesa redonda: “A Educación para a cidadanía no currículum: Criterios e necesidades”. Interveñen:
Xesús R. JARES, Catedrático da Universidade da Coruña e Coordenador de Educadores pola paz-Nova Escola Galega. Membro de AGAPPAZ.
Américo NUNES PERES, Profesor da Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) de Chaves. Membro de AGAPPAZ.
– Modera: Helena PROENÇA, Docente e membro de AGAPPAZ.
21,30h.- Cea/ Jantar.
22.30h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións, ponentes e persoas que van presentar experiencias e materiais. Dinámicas de presentación e coñecemento entre todos os asistentes.

 

Sábado, 19 de novembro

08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.
09.30h.- Tema de debate: “A Educación para a cidadanía na nova Lei de Educación”. Interveñen:
– Ilma. Laura SÁNCHEZ PIÑÓN, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia.
– Representante do Gabinete de Educación para a cidadanía do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC).
– Modera: Xosé LASTRA (Mestre e Presidente de Nova Escola Galega).
11.30h.- Pausa
12.00h.- Conferencia-Debate: “A Educación para a cidadanía en Portugal: retos e necesidades”. Por Ilda FIGUEIREDO, Docente e eurodiputada.
Presenta: Santiago RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Docente e membro de AGAPPAZ.
13.45h.- Foto da paz.
14.00h.- Xantar/Almoço
16.30h.- Obradoiros (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escollerá un dos seguintes:
“Danzas do mundo”, por Paulo FERREIRA RODRIGUES
(Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa).
 
"Educación Intercultural: ¿atención a minorías ou novo currículum?", por José Ángel ÁLVAREZ CIENFUEGOS e Chema CASTIELLO (Grupo Eleuterio Quintanilla de Asturies).
 
 “Animar a palabra com sombras chinesas”, por Eurídice ROCHA (Professora na Área de Educação Musical en Coimbra).
 
 “A poesía nas aulas”, por Bernardo CARPENTE (Mestre de Primaria en Vigo e membro de AGAPPAZ).
 
“Dinámicas de grupo e xogos cooperativos”, por Miguel LIMA (Psicólogo/Formador, Barreiro, Portugal).
 
“Aprender os dereitos humanos”, por Gloria RAMIREZ (Cátedra UNESCO da UNAM, México).
 
21.00h.- Cea/Jantar
22.30h.- Festa da Paz

 

Domingo, 20 de novembro

09.00 h.- Almorzo/Pequeno almoço.
10.00h.- Presentación de experiencias, comunicación e materiais.
11.30h. –Aprobación dos estatutos e designación de cargos na xunta direitiva da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ) e Avaliaçión do Encontro .
12.00 h.- Descanso
12.30h.- Asamblea e avaliación do Encontro.
13.30 h- Solta da pomba da paz
14.00 h.- Xantar/Almoço.
15.00 h.- Clausura/Encerramento do encontro
 
EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo previamente á organización.
 
PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático ou ser enviadas por correo-e á dirección: jares@udc.es
Data tope de entrega: 31 de outubro.
 
PRECIOS:
1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:
a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 31 de outubro: 90 euros. Despois desa data: 100 euros.
 
b) Resto das persoas: 100 euros até o día 31 de outubro. Despois desa data o precio é de 110 euros.
Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás de posibeis casos excepcionais dos que se informe á organización. Nos casos autorizados pola organización deberán pagar un suplemento de 30 euros.
2. Só matrícula (En caso de necesidade, darase prioridade aos que se matriculen en pensión completa) :
a) Ata o día 31 de outubro:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as: 30 euros.
– Resto: 40 euros.
b) Despois do 31 de outubro:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as: 40 euros.
– Resto: 50 euros.
CERTIFICACIÓN:
* Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións.
* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración.
INSCRIPCIONS:
Enviar a ficha de inscripción cuberta xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:
A) PORTUGAL:
· EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro
Tfno/Fax:. 212033419 (Helena Proença)
 
CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos
(Barreiro – Portugal)
 
B) GALIZA:
Educadores pola paz
Apdo. 577
36200 VIGO (España)
CONTA a nome de: Educadores pola Paz
Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.

MÁIS INFORMACIÓN:

PORTUGAL:
· EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro
Tfno/Fax:. 212033419 (Helena Proença)
 
· EB1 nº 3 do Barreiro (Teresa Ferreira)
Tfno.: 21 2079343
 
GALIZA:
* Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867
Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares)
Correo electrónico: jares@udc.es
* Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 ((lúns de 19 a 21,30 h. e xoves de 9 a 11h.). Correo-e: neg@iaga.com
 

FICHA DE INSCRIPCIÓN

XIX ENCONTRO GALEGO-XII GALEGO/PORTUGUES DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Nome e apelidos: …………………………………………………………………………………………………………………………………..
Domicilio: …………………………………………………………………………………………………………………………………………….
Localidade: …………………………………………………………………………………………………C.P………………………………..
Tfno: ………………………………………………. Correo-e: ………………………………………………………….
Centro de traballo: . ………………………………………………………………………………………………………………………………..
Area ou materia que imparte: ………………………………………………………………………………………………………………….
Se vas presentar alguha experiencia/comunicación, indícanos o título: ………………………………………………………..
………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
Obradoiro ao que te apuntas (As prazas cubriránse por orde de chegada):
1ª Opción: Título do obradoiro/atelier: ……………………………………………………………………………………….
2ª Opción: Título do obradoiro/atelier………………………………………………………………………………………….
Compartirei aloxamento con: …………………………………………………………………………………………………………………..
Socio/a de: ……………………………………………………………………………………………………………………………………………..
OBSERVACIONS: ………………………………………………………………………………………………………………………………. ………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………