ANPA de XEVE

NON TE DURMAS….. na tua tarefa de pai educador:
Comunicado para os pais da ANPA do CEIP de Santo André de Xeve.

Un ano mais dende a Anpa, aproveitando a oportunidade que nos brinda esta revista e moi preocupados por os ultimos acontecementos: o botellón, a falta de respecto, o acoso nas aulas, o consumo de drogas, o fracaso escolar… diriximonos a toda a comunidade educativa. Esta vez queremos salientar dunha maneira especial a importancia que ten que traballemos xuntos: pais, (*)nais, mestres, educadores, sicólogos, fillos….. cando os pais enviamos os nosos fillos á escola, estamos confiando a esta unha parte na labor educativa. Pero non debemos esquecer a nosa responsabilidade na educación dos nosos fillos.
NON TE DURMAS….. na tua tarefa de pai educador:
Dialoga cos teus fillos. Escoitaos, razoa con eles, dedicalles tempo. Apaga a tele a hora das comidas…
Establece normas e limites razoabeis que ordenen a vida familar.
Ensina aos teus fillos a tomar decisións con responsabilidade e valorando o esforzo.
Non lle des todo o que che pida.
Se consecuente co teu fillo.
Acude regularmente a falar cos profesores, preocúpate polo teu fillo.
Esperamos que esto sirva de reflexion. E dende aquí queremos insistirvos na importancia que ten pertencer e traballar nunha Anpa porque si os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… por quen o faremos? porque si os pais e as nais non somos activos e participativos, como explicarlle aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
PORQUE TODOS SOMOS NECESARIOS.
Un saudo,
A Xunta Directiva da Anpa Xeve.
(*)Sempre que apareza "pais", "nenos", "alumnos", etc. En plural, estámonos a referir a pai e nai, neno e nena, alumno e alumna, etc. Atenéndonos ás normas do Diccionario da RAG