ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2021 ata o 31 de agosto de 2022.

En educación infantil, educación primaria e educación especial, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

En educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, as actividades lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Orixe: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210604/AnuncioG0598-210521-0001_gl.html

Comentarios0

Deixa unha resposta