Aprobada a proposta de calendario escolar 2020-2021

Aínda que non hai publicación oficial do calendario escolar do curso 2020/2021 coas data de inicio e fin de curso, as vacacións de Nadal e Semana Santa e o resto de días non lectivos, na reunión sectorial do 12 de xuño foi aprobada a proposta da Consellaría de Educación:

  • En 2º ciclo de infantilprimaria e educación especial as clases comezarán o 10 de setembro de 2020
    • Este ano o período de adaptación para os máis pequenos amplíase dos 10 días ordinarios ata final do mes de setembro
  • En ESOBacharelato e Formación Profesional o inicio de curso será o 16 de setembro
  • En ensino de réxime especial, as actividades lectivas comezarán o 16 de setembro de 2020

Vacacións de Nadal 2020/2021

Do 23 de decembro 2020 ao 7 de xaneiro do 2021, ambos incluídos.

Entroido

Carnaval terá como non lectivos os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
A semana de carnaval terá lugar desde o 11 de febrero (Xoves Lardeiro) ata o 17 de febrero (Mércores de Ceniza).
Será do 15 ao 28 de febrero coincidindo co carnaval, ao que os distintos centros educativos poderán engadir os días non lectivos que elixan.

Semana Santa 2021

As vacacións de Semana Santa en Galicia serán do sábado 27 de marzo ao luns 5 de abril de 2021.

Fin de curso 2020/2021

  • En 2º ciclo de infantilprimaria e educación especial as clases finalizarán o 22 de xuño de 2021
  • En ESOBacharelato e Formación Profesional a fin de curso será o 22 de xuño de 2021
  • En ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas terminarán o 30 de xuño de 2021, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación estabelecidos para cada unha delas.

Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2020.
En resumo o curso terá 1 días máis de duración

Canto ao funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, en Educación Primaria funcionarán desde o 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021; e en ESO desde o 16 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

Por outra banda o calendario laboral en Galicia para o ano 2021 tamén foi aprobado pola Xunta:

  • Festivo o 19 de marzo, Día de San Xosé, que substitúe ao 25 de xullo por caer en domingo e o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
  • Festivos os 1 e 6 de xaneiro, 19 de marzo, 1 e 2 de abril (Xoves e Venres Santo), 1 e 17 de maio, 12 de outubro, 1 de novembro e 6, 8 e 25 de decembro.

Nota oficial:
Educación flexibiliza o periodo de adaptación para o alumnado de infantil ao comezo do vindeiro curso