Xornadas de formación para xuntas directivas 2024

O vindeiro sábado, día 10 de febreiro, comezamos unha nova edición das xornadas de formación para Xuntas Directivas de ANPA. Como de cotío dividiremos os temas en dous aspectos: os de xestión social e administrativa e o de xestión económica e fiscal; serán con participación presencial pero tamén se habilitará unha conexión on-line.

Ofrecemos un acceso por videoconferencia, via Zoom. Ademais da retransmisión en vivo, na que tentaremos dar cabida ás consultas que se fagan polo chat, quedara a gravación que estará dispoñible a partir do luns seguinte a cada sesión.

Habilitarase a conexión á “sala” 10 minutos antes da hora de cada sesión.

Faremos unha sesión sobre xestión de aspectos administrativos, organizativos, legais e de participación social nos centros educativos públicos, a partir das 10.00 h. A duración estimada é de 2 horas e media, cun breve descanso a metade de cada sesión.

En breve confirmaremos a data concreta: ou o 10 ou o 17 de febreiro

A sesión de aspectos administrativos e sociais será o día 10 de febreiro.
A sesión de aspectos económicos será o 17 de febreiro.

A sesión sobre aspectos económicos, tributarios, fiscais, contabilidade e subvencións, etc. especialmente enfocadas aos temas de Tesourería e xestión de actividades. Será presencial como o ano pasado, tamén a partir das 10.00 horas na sede da FANPA e durante outras 2 horas e media.

Antes das xornadas, animámosvos a enviarnos consultas concretas sobre calquera tema que vos preocupe ou a propoñer preguntas aos relatores. Como remate, a Federación ofrecerá aos asistentes un petisco para ter oportunidade de coñecernos persoalmente e confraternizar e dar unha oportunidade para un contacto directo.

Ambas sesións desta edición serán gravadas e arquivadas para que estean indefinidamente a disposición dos socios.

Lugar

Ambas xornadas serán presenciais ata o límite do aforo (un máximo de 40) na Sede da federación. Por esa razón necesitamos que vos inscribades a tempo no formulario ao pé desta nota.

[10 de febreiro] Obxectivo e contido dos aspectos administrativos e sociais

– Réxime de Asociacións.
– Finalidades.
– Dereitos
– Convocatorias e reunións.
– “Libros” obrigatorios.
– Actividades extraescolares.
– Participación: Consellos Escolares.

Relatora

Nuria Martínez Pigueiras
Secretaría técnica de CONFAPA-GALICIA
http://www.confapagalicia.org/


[17 de febreiro] Obxectivo e contido dos aspectos económicos

PROPORCIONAR COÑECEMENTOS BÁSICOS DE FORMA CLARA E SINXELA QUE PROPORCIONEN UNHA AXUDA NO ÁMBITO DA XESTIÓN ECONÓMICA DAS ANPAS

1.    Obrigas contables:

a. A obriga xenérica de ter contabilidade: como afecta a un ANPA?.

b. Breve introdución ao plan contable adaptado para entidades sen fins de lucro.

2.    Obrigas fiscais:

a. Obrigas informativas: Declaracións censuais e de operacións con terceiros.

b. Obrigas impositivas: Imposto de sociedades, IVE, IRPF.

c. Obrigas de facturación.

d. Casos prácticos e consultas tributarias.

3.    Exemplo global dun ANPA: contabilidade e fiscalidade.

Relator

Pablo Figueroa
Algalia, Servizos para o Terceiro Sector. Formación
https://algalia.com/gl/


Inscrición

(2 representantes por sesión)
Como se realiza en dúas sesións hai que inscribirse para cada unha delas. Poden ser persoas distintas en cada sesión: tipicamente, para a primeira a persoa presidente e a secretaria e, para a segunda, ademais da presidenta a persoa tesoureira.

(calquera información ou dúbida podedes consultala por correo en xestion@nontedurmas.org . Se queredes propoñer temas ou consultas concretas, enviádeas tamén por medio do correo.

O formulario tarda un ratiño en procesar o envío (estamos tentando mellorar iso) pero recibiredes confirmación de recepción no voso correo