Subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero
Para: ANPA e federacións de ANPA
Prazo: 1 mes (ata 19 de febreiro)
Xustificación: ata o 11 de decembro
Obxecto:
a) Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI449B, capítulo II, desta resolución).
b) Actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con menores a cargo de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional e a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados, así como os plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes, en desenvolvemento do Plan Corresponsables (código de procedemento SI436C, capítulo III desta resolución).
Procedemento:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI449B