Xornadas de formación para xuntas directivas 2022-23

NOTA DE ACTUALIZACIÓN:

A xornada do día 4 de febreiro terá lugar no Seminario 2 do Pazo da Cultura de Pontevedra (https://goo.gl/maps/gYtPYDCykyijMyR48)

10.00 – 13.00

13.00 – 14.00 Pincho

Mañá temos a segunda sesión das xornadas formativas. Agora centradas na xestión económica e fiscal, especialmente enfocadas aos temas de Tesourería e xestión de actividades.

Ofrecemos un acceso por videoconferencia, via Zoom. Ademais da retransmisión en vivo, na que tentaremos dar cabida ás consultas que se fagan polo chat, quedara a gravación que estará dispoñible a partir do luns.

Habilitarase a conexión á “sala” 10 minutos antes da hora

Join Zoom Meeting
https://us06web.zoom.us/j/83739026370?pwd=RWpEZkRXNll2RXNHY1BtZDlGUkd3dz09

Meeting ID: 837 3902 6370
Passcode: 569965

Podedes acceder á gravación da xornada do día 28 na nosa canle de Youtube:


A xornada do día 28 de xaneiro terá lugar no Seminario 2 do Pazo da Cultura de Pontevedra (https://goo.gl/maps/gYtPYDCykyijMyR48)

10.00 – 13.00 horas

13.00 – 14.00 pincho de irmandade

Poderase seguir a xornada por videoconferencia en directo:

Unirse a la reunión Zoom
https://us06web.zoom.us/j/84297896661?pwd=RnpLN2w5Nm04Vzlha1AvYXhjNTZ1dz09

ID de reunión: 842 9789 6661
Código de acceso: (Preguntar en info@nontedurmas.org)

=====

O vindeiro sábado, día 28 de xaneiro, comezamos unha nova edición das xornadas de formación para Xuntas Directivas de ANPA. Como de cotío dividiremos a xornada en dous aspectos: os de xestión social e administrativa e o de xestión económica e fiscal; recuperaremos desta vez, a participación presencial.

Comezaremos coa sesión sobre xestión de aspectos administrativos, organizativos, legais e de participación social nos centros educativos públicos o 28 de xaneiro, a partir das 10.00 h. A duración estimada é de 2 horas e media, cun breve descanso a metade de cada sesión.

A sesión sobre aspectos económicos, tributarios, fiscais, contabilidade e subvencións, etc. será presencial como o ano pasado, o día 4 de febreiro, tamén a partir das 10.00 horas na sede da FANPA e durante outras 2 horas e media.

Antes das xornadas, animámosvos a enviarnos consultas concretas sobre calquera tema que vos preocupe ou a propoñer preguntas aos relatores. Como remate, a Federación ofrecerá aos asistentes un petisco para ter oportunidade de coñecernos persoalmente e confraternizar e dar unha oportunidade para un contacto directo.

Ambas sesións desta edición serán gravadas e arquivadas para que estean indefinidamente a disposición dos socios.

Lugar

Ambas xornadas serán presenciais pero en función da demanda de aforo (un máximo de 25) podería ser necesario facelo nun local máis amplo da cidade de Pontevedra. Seravos comunicado con antelación.

Por esa razón necesitamos que vos inscribades a tempo no formulario ao pé desta nota.

Obxectivo e contido dos aspectos administrativos e sociais

– Réxime de Asociacións.
– Finalidades.
– Dereitos
– Convocatorias e reunións.
– “Libros” obrigatorios.
– Actividades extraescolares.
– Participación: Consellos Escolares.

Relatora

Nuria Martínez Pigueiras
Secretaría técnica de CONFAPA-GALICIA
http://www.confapagalicia.org/


Obxectivo e contido dos aspectos económicos

PROPORCIONAR COÑECEMENTOS BÁSICOS DE FORMA CLARA E SINXELA QUE PROPORCIONEN UNHA AXUDA NO ÁMBITO DA XESTIÓN ECONÓMICA DAS ANPAS

1.    Obrigas contables:

a. A obriga xenérica de ter contabilidade: como afecta a un ANPA?.

b. Breve introdución ao plan contable adaptado para entidades sen fins de lucro.

2.    Obrigas fiscais:

a. Obrigas informativas: Declaracións censuais e de operacións con terceiros.

b. Obrigas impositivas: Imposto de sociedades, IVE, IRPF.

c. Obrigas de facturación.

d. Casos prácticos e consultas tributarias.

3.    Exemplo global dun ANPA: contabilidade e fiscalidade.

Relator

Pablo Figueroa
Algalia, Servizos para o Terceiro Sector. Formación
https://algalia.com/gl/


Inscrición

(2 representantes por sesión)
Como se realiza en dúas sesións hai que inscribirse para cada unha delas. Poden ser persoas distintas en cada sesión: tipicamente, para a primeira a persoa presidente e a secretaria e, para a segunda, ademais da presidenta a persoa tesoureira.

(calquera información ou dúbida podedes consultala por correo en xestion@nontedurmas.org . Se queredes propoñer temas ou consultas concretas, enviádeas tamén por medio do correo.

Este formulario caducou.