Unha doce historia, tema do concurso de Arume

Trátase dun concurso de decoración de galletas, pero non será unha decoración calquera. Queremos que as galletas leven como motivo da decoración as imaxes dun conto.

En cada un dos coles formarase un equipo integrado por nenos e nenas que asistan ao comedor escolar. Cada equipo estará formado como máximo por dez participantes.

Cada colexio dispoñerá de 60 minutos en total para o desenvolvemento das galletas e a narración do conto.
Durante o desenvolvemento da decoración das galletas e a narración faranse gravacións de todos os CEIPS. Unha vez finalizada a participación de todos os centros montarase un vídeo que recollerá fragmentos de todos os CEIPS que participaron no concurso.

Adxuntamos o calendario por centros e o cartel do concurso. O desenvolvemento do concurso será despois de que terminen para comer, o cal significa que nunca se terminará máis tarde do horario de servizo habitual de cada un dos centros.

 

Descargar: CALENDARIO UNHA DOCE HISTORIA

 

Concurso de galletas