Prezos do servizo de comedor e madruga para o 2022-23 en Pontevedra

Curso 2022-23
(actualizado o 29 de agosto 2022)

Manterase aberta a matrícula para setembro a prezos de usuario regular ata o 2 de setembro

Detalle dos servizos e prezos
Comedor5,08 € /menú
Comedor esporádico7,09 €/menú
Madruga con almorzo2,95 €/menú
Madruga con almorzo esporádico4,49 €/menú
Madruga sen almorzo2,14 €/menú
Madruga sen almorzo esporádico3,54 €/menú
** O prezo do servizo de comedor está bonificado; a subvención de 0,55 € xa está aplicada a estes prezo para todos os servizos tanto comedor como madruga ** **

** Manteranse os descontos nas mesmas condicións que as vixentes ata agora (non acumulables).**
– Segundo irmán (ambos usuarios): 5% dto. en serv. comedor do máis novo.
– Familia numerosa (3 usuarios): 10% dto. en serv. comedor de todos os irmáns.

Modalidades de contratación dos servizos

Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. . Debe contratarse antes do día 25 de cada mes.

Calendario de días ou quenda laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Debe contratarse antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte.

Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe contratarse o día anterior antes das 15:00 h.

Petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) poderá facerse ata o 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte.

Xestión diaria de asistencias extra ou ausencias do servizos prestados.
Esta comunicación deberá realizarse antes das 15.00h do día lectivo anterior indicando o servizo desexado ou a cancelación.

A facturación será por días de asistencia, recollendo o desconto por ausencia notificada antes das 15:00h do día anterior.

**IMPORTANTE para poder facer uso dos servizos é imprescindible estar dado de alta na App Colechef (https://colechef.com/), ata non estar dado de alta non se poderá facer uso dos servizos nin de forma ordinaria nin de forma esporádica.**

O uso do servizo implica a aceptación das normas (prema aquí para consultalas)