Devolución das axudas dos comedores escolares nos centros públicos de Pontevedra

Estimadas familias:

 Dende a FANPA queremos comunicarvos que xa recibimos a subvención para os/as usuarios/as do  comedor escolar da Consellería de Educación relativa ao segundo e terceiro trimestre do curso escolar 2009-2010 (xaneiro-xuño).

 E a partir do próximo día 20 de decembro, farémosvos chegar o importe correspondente, dependendo dos días/meses que teña utilizado o servizo.

 Os/as usuarios/as que teñan pendente algún recibo, non recibiran a subvención ata que fagan efectivos os pagos.

 As persoas  interesadas  en coñecer a devolución que lles corresponde poden  poñerse  en contacto  coa súa  ANPA, coa FANPA de 10:00h a 13:00h ou ben no correo electrónico:bea.actividades-complementarias@nontedurmas.org entre o día 2 e 15 de decembro.

 O diñeiro a ingresar foi contabilizado a partir do número de nenos/as  e días que estes  utilizaron o servizo, calquera variación inflúe indirectamente nos outros, polo tanto as reclamacións ou dúbidas terán que ser nos días indicados anteriormente, para poder  empezar a ingresar os cartos correspondentes a cada un, por medio da empresa Serunion

CARTEL ANPA

 Apartado de Correos 511 – 36080 PONTEVEDRA  –  ( 986 843 412 )