Nova Xunta Directiva da FANPA
O pasado día 19 celebráronse as asembleas xerais ordinarias para aprobación de contas e informe de xestión así como a proposta de orzamentos e actividades deste ano e a extraordinaria da FANPA, na que procedeu a ratificarse por unanimidade a única candidatura presentada encabezada polo actual presidente, don Rogelio Carballo Solla, conforme os estatutos da nosa federación.
No transcurso da Asemblea sumouse a esta candidatura dona Sonia, da ANPA do IES de Mos, polo que a composición da nova Xunta Directiva para o período 2021-2023 queda como segue:
Presidencia, don Rogelio Carballo Solla
Vicepresidencia, don Miguel Angel Sánchez Guillén
Secretaría, don Javier Sánchez Sobral
Tesourería, don José Mª Camiña Chaves
Vogalía, don José Bernardo Vázquez García
Vogalía, dona Alba María González Pereira
Vogalía, don Olalla Sieiro Féliz
Vogalía, don José Antonio Touriño Eirín
Vogalía, don José Manuel González Fernández
Vogalía Sonia Vázquez Cabaleiro
Debe estar conectado para enviar un comentario.